Escoitar

Caballero lamenta a perda “irreparable” de Domingo Villar que “permanecerá para sempre entre nós nas súas obras literarias”

O rexedor asegurou esta mañá que Domingo Vilar permanecerá para sempre con nós nas súas obras, como pasa con todos os grandes escritores. Cualificou o seu falecemento como una perda “irreparable” e trasladou o pésame de toda a cidade a familiares e amigos.

mércores, 18 mai 2022
Imaxe de arquivo da entrega a Domingo Villar do galardón de Vigués Distinguido
Imaxe de arquivo da entrega a Domingo Villar do galardón de Vigués Distinguido

O alcalde comezou esta mañá a súa rolda de prensa falando da perda “irreparable” na cidade que supón o falecemento de Domingo Villar. Un escritor dunha calidade “extraordinaria”, un creador literario fóra de serie que, ademais, tiña un trato persoal dunha afabilidade “magnífica”. Caballero lembrou que tivo a honra de entregarlle este ano o galardón de Vigués Distinguido nunha homenaxe que lle rendeu toda a cidade pola súa calidade como escritor e como vigués.

O rexedor trasladoulle á familia e aos amigos o “noso pésame e o noso agarimo” no seu propio nome e no de toda a cidade e destacou que Domingo “permanecerá para sempre entre nós, como sucede cos grandes escritores, porque pasarán décadas e décadas e seguiremos lendo as súas novelas e percorrendo as rúas que que agora pasea con Laxeiro, con Cunqueiro ou con Oroza”.

Descargar todas as imaxes