venres, 14 mai 2021
                    O alcalde amosou esta mañá a súa satisfacción ao adiantar que o Concello xa dispón de todos os informes sectoriais perceptivos, o que garante a recuperación urbanística do Barrio do Cura, logo de medio século de espera. Trátase, dixo, dun “dos grandes avances urbanísticos na historia de Vigo”.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    venres, 14 mai 2021
                    O xoves 20 de maio, o alcalde lanzará na Feira Internacional de Turismo o “proxecto Vigo” e a súa “transformación excepcional”, que vén recoñecer a enquisa da OCU que sitúa a Vigo como a urbe con maior calidade de vida de España. Para Caballero, a proposta viguesa resúmese nunha frase: “Vigo, o mundo nunha cidade”.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    venres, 14 mai 2021
                    O Concello continúa coas actividades conmemorativas do día das Letras Galgas, que este ano distingue a poetisa viguesa -nacida en Sarria – Xela Arias.  Xunto coa nai, Amparo Castaño, o presidente da RAG, Víctor Freixanes, e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, o rexedor descubriu un emblema que manterá a memoria desta artista entre as rúas de Vigo para sempre.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    venres, 14 mai 2021
                    A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a interposición de recurso contencioso-administrativo contra a resolución de aprobación da 1ª liquidación de 2021 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar que impón a Vigo a obriga de aboar 205.000 euros para cofinanciar as escolas infantís de Valadares e da rúa Palencia.
                 
            
                                        
                
                    
                    
                    
                    venres, 14 mai 2021
                    O vindeiro martes, 18 de maio, conmemórase a xornada en todo o mundo, este ano baixo o lema “O futuro dos museos: recuperar e reimaxinar” e tanto o Marco como o Museo Liste súmanse á celebración con talleres e visitas guiadas nas súas instalacións.