martes, 11 mai 2021
O alcalde informou este martes do envío dunha carta a Feijóo e aos grupos parlamentarios galegos. Santiago percibe da Xunta 2,3 millóns e Caballero solicita o triplo ao contar Vigo con tres veces máis habitantes. “Non digo que non á capital de Santiago, pero a capitalidade non se pode converter nun privilexio para recibir ademais diñeiro que os demais non recibamos”, argumentou.
martes, 11 mai 2021
Abel Caballero valorou este martes a resolución do organismo, que outorgou tantas como solicitou o Concello: dez praias e tres sendeiros. Vigo revalida polo tanto o número de insignias dos dous últimos anos. “Somos a cidade con máis bandeiras azuis de España”, manifestou o alcalde.
martes, 11 mai 2021
O alcalde deu conta este martes da reunión celebrada onte co secretario xeral e o director xeral de Industria, Raúl Blanco e Galo Gutiérrez, respectivamente, na que se presentou a candidatura “sólida, consistente e ben trazada” para implantar unha planta de baterías na PLISAN.
martes, 11 mai 2021
Vigo acolle ata o vindeiro domingo 16 de maio a terceira proba do calendario World Pádel Tour 2021 coa presenza de máis de 300 deportistas do máis alto nivel internacional que se medirán nas fases previas en Navia e no resto de partidos no pavillón municipal das Travesas. Abel Caballero participou este martes na presentación do evento nas ramplas da Gran Vía xunto á organización e a Alejandro Galán e Paula Josemaría, dous dos xogadores de pádel que participan estes días no Cupra World Padel Tour Vigo.
martes, 11 mai 2021
O alcalde participou este martes na presentación das carreiras que organiza o Vigo-Rías Baixas na cidade: unha etapa da Copa de España este domingo 16 e o Campionato de Galicia o próximo luns día 17 de maio.