Escoitar

O alcalde celebra “a grande noticia” do avance no desenvolvemento do Barrio do Cura

O alcalde amosou esta mañá a súa satisfacción ao adiantar que o Concello xa dispón de todos os informes sectoriais perceptivos, o que garante a recuperación urbanística do Barrio do Cura, logo de medio século de espera. Trátase, dixo, dun “dos grandes avances urbanísticos na historia de Vigo”.

venres, 14 mai 2021
O alcalde en rolda de prensa
O alcalde en rolda de prensa

O Concello reúne xa todos os informes sectoriais perceptivos para a aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM para a reordenación do ámbito do Barrio do Cura. Unha vez recibida a autorización da Dirección Xeral de Costa e Mar, Urbanismo procedeu a enviar á Xunta toda a documentación polo que a validación no Pleno será tan pronto como se formalice o informe autonómico.

Da man dun “gran arquitecto”, Alfonso Penelas, a modificación do planeamento permitirá rematar partes inacabadas do tecido urbano que veñen dos anos 60, resolver a articulación e conexión do Casco Vello con Torrecedeira, mellorar o acceso ás zonas do Paseo de Alfonso e Pi y Margall, a conexión peonil co Paseo de Alfonso con Santa Marta, Poboadores e Alfonso XII; dous novos ascensores na zona do Berbés para facilitar a mobilidade vertical, mellorar a mobilidade rodada coa ampliación do viario de conexión entre Paseo de Alfonso XII, Pi y Margall e Torrecedeira, coa apertura desta última rúa que quedou inacabada; dotar ao Barrio do Cura de case 4.000 m2 zonas verdes, 170 árbores, case 3.000m2 de espazos públicos e equipamentos, unha escola infantil, usos terciarios, un 30% de vivenda protexida e 1.327 prazas de aparcamentos.

Descargar todas as imaxes