O Concello inicia as catas técnicas para construír a nova escaleira mecánica da rúa Talude
Abel Caballero visitou este luns o inicio dos traballos na rúa Talude para a construción dun novo proxecto do programa Vigo Vertical. A nova actuación conta cun orzamento de 700.000 euros e consistirá nunha escaleira mecánica que comunicará a rúa Urzaiz coa zona de San Roque e Couto, ademais de dar servizo de acceso ao alumnado do Colexio Mariano.