Escoitar

O Concello inicia as catas técnicas para construír a nova escaleira mecánica da rúa Talude

Abel Caballero visitou este luns o inicio dos traballos na rúa Talude para a construción dun novo proxecto do programa Vigo Vertical. A nova actuación conta cun orzamento de 700.000 euros e consistirá nunha escaleira mecánica que comunicará a rúa Urzaiz coa zona de San Roque e Couto, ademais de dar servizo de acceso ao alumnado do Colexio Mariano.

luns, 28 set 2020
O alcalde, durante a visita.
O alcalde, durante a visita.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este luns o inicio dos traballos na rúa Talude para a construción dunha nova escaleira mecánica dentro do programa Vigo Vertical, con financiamento de fondos europeos Feder da estratexia Edusi.

O rexedor, que realizou un percorrido polas vellas escaleiras, onde xa comenzaron as catas técnicas para o desenrolo da actuación, sinalou que o desnivel da zona é de 8 metros, cunha pendente do 45%. “Son moi verticais e complexas, polo que construiremos unha escaleira mecánica e humanizaremos a rúa e a contorna, dando tamén acceso ao Colexio Mariano”, sinalou.

Nos últimos días leváronse a cabo tres catas para estudar a fondo o terreo e decidir o tipo de firme que existe na zona. “As escaleiras están moi deterioradas e imos a cambialas enteiras, ademais de desenrolar dous proxectos paralelos”, apuntou.

Actualmente, en Vigo xa hai en funcionamento sete grandes proxectos de escaleiras e ascensores: Porta do Sol, Camelias, San Salvador, Marqués de Valterra, Parque Cela, Pizarro e Praza de Portugal. O alcalde apuntou que está moi avanzada a obra das ramplas de Gran Vía, que se inaugurarán a finais de outubro, e tamén están en proxecto os novos ascensores da rúa Juan Ramón Jiménez, García Barbón co Centro Vialia, Praza da Estación con Vía Norte e rampla do Centro de Saúde de Teis.

“Temos en funcionamento ou en proxecto doce grandes actuacións de Vigo Vertical e teremos outro número similar para facer en este mandato, en tres anos”, sinalou.

Investimento do superávit en humanizacións

O alcalde tamén lembrou o novo Plan de Humanización para investir 18,5 millóns de euros entre 2020 e 2021 grazas ao superávit. Entre as accións de maior custe o alcalde mencionou a Vía Verde (entre Vía Norte e Chapela) por valor de 2,2 millóns, García Barbón (entre Rosalía de Castro e Isaac Peral) por outros 2,2 millóns, a fase 4 de Martínez Garrido (2 millón), Plaza Elíptica (1,8 millóns), Praza da Miñoca (1,5 millóns), a fase 5 de Gregorio Espino (entre rúas Reiseñor e Fernando Lago Olano) por valor de 1,5 millóns e as rúas Julia Minguillón e Vista Alegre por 1 millón.

Outro paquete de actuacións serán para a Avenida Clara Campoamor, no tramo situado fronte ao Hospital Álvaro Cunqueiro, por 463.000 euros; a reforma do Parque Central de Lavadores, danado por un incendio, por 426.000; a rúa Troncoso (362.000 euros), o Plan Eficiencia Enerxética de Iluminación (350.000 euros), a fase 2 de Dona Fermina (336.000 euros), a Estrada do Freixo, en Valadares, por 374.000 euros: a última fase da rúa Aragón (300.000 euros), e Tercio de Afora (274.000 euros).

Ademais, no rural, están incluídas as humanizacións de Camiño da Brea (226.000 euros) e Costa da Gándara (162.000), as dúas en Beade; rúa Subride (153.000), Areeiro (153.000), Bagunda (54.000), Curros (89.000), Fontáns (58.000) e Rosal Florido (61.000), todas en Lavadores; Praza da Feira (151.000) e Penís de Abaixo (78.000), en Cabral; Camiño do Laranxo, en Valadares, (135.000); Roupeiro, en Matamá, (97.000); e rúa dos Foxos (56.000) e Travesía de Guixar (45.000), en Teis.

 

O alcalde, durante a visita.
O alcalde, durante a visita.
O alcalde, durante a visita.
O alcalde, en rolda de prensa.
Infografía da nova escaleira.
Descargar todas as imaxes