Escoitar

3.720 viaxeiros beneficiáronse da gratuidade do bus na Semana europea da mobilidade

Vigo sumouse á celebración da Semana europea da mobilidade establecendo a gratuidade dalgunhas liñas de autobús entre o 16 e o 22 de setembro. En total foron 3.720 os beneficiarios dunha iniciativa que trata de fomentar o transporte público.

luns, 28 set 2020

O alcalde de Vigo fixo esta mañá balance da Semana europea da mobilidade -celebrada entre o 16 e o 22 de setembro – que, ademais doutras accións, supuxo a gratuidade dalgunhas liñas do trasporte urbano. En total foron 3.720 os usuarios beneficiados, entre os que se atopan os 288 vigueses que colleron o bus turístico o sábado 19 e o domingo 20 de setembro. O luns 21, 1.698 viaxeiros utilizaron as liñas U1 e U2, lanzadeiras á Universidade, mentres que o martes 22, Día Europeo sen coche, foi a quenda de 1.784 viaxeiros que usaron de balde as liñas H, H1, H2 e H3.