Escoitar

Caballero, “moi satisfeito”, por participar na apertura do curso universitario de Galicia

Abel Caballero achegouse esta mañá ao CUVI para participar na apertura do curso universitario en Galicia 2020-2021, que este ano se organiza no campus vigués. Antes do acto, lembrou que tivo o “privilexio” de pronunciar a lección inaugural da Universidade de Vigo.

venres, 25 set 2020

O alcalde de Vigo recordou esta maña que en 1990 tivo o “privilexio” de dar a lección inaugural da Universidade de Vigo, por ser o catedrático máis antigo, acto que compartiu co presidente da Xunta e co reitor naqueles momentos, Manuel Fraga e Luís Espada, respectivamente. Antes de participar na apertura do curso universitario de Galicia 2020-2021, que este ano se celebra en Vigo, o alcalde amosou a súa “satisfacción” por acudir a esta sesión porque para el “estar na Universidade é estar na casa”.

 


No salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais tamén estiveron presentes o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e o reitor, Manuel Reigosa, así como o profesor doutor Xosé Carlos Arias Moreira, encargado de pronunciar a lección inaugural.

Gastos Covid

Na rolda de prensa previa a esta inauguración, o alcalde lembrou que o Concello segue sen ter datos da incidencia na pandemia da cidade, unha información fundamental para seguir actuando de forma eficiente tal e como está a ser a xestión municipal en cuestións como a Policía Local, Protección Civil, labores de desinfección, accións parasanitarias ou transporte. Criticou a actitude “opaca” e avanzou que contar con datos melloraría a acción municipal contra o Covid-19. “Resulta intolerable que o alcalde de Vigo non recibira unha soa chamada telefónica nin do presidente da Xunta nin de ningún conselleiro desde que se desatou a pandemia”. Recalcou.

Respecto aos custo da loita contra o virus na cidade, Caballero lembrou que o Concello investiu máis de 3 millóns de euros nos últimos catro meses: máis de medio millón en limpeza de rúas; 200.000 en parques infantís; 600.000 en centros educativos; 150.000 en medio ambiente e máis de 200.000 euros en servizos de bombeiros e deportes, sen ter en conta os gastos de persoal. Desde o punto de vista social, as achegas de emerxencia multiplicáronse por oito, indicou.

 

Descargar todas as imaxes