Escoitar

Caballero esixe á Xunta solucións para a “dificilísima” situación da Atención Primaria

O alcalde instou esta mañá á Xunta a dotar de medios e persoal os centros de Atención Primaria que están a vivir unha “dificilísima” situación que preocupa moito á cidadanía. De novo, trasladou o seu apoio e respecto aos profesionais sanitarios polo “excepcional” traballo que están a realizar.

xoves, 24 set 2020

Abel Caballero fíxose eco esta mañá da “enorme” preocupación cidadá pola “dificilísima” situación na que se atopa a Atención Primaria en Vigo. Trasladou o seu “apoio e respecto” aos profesionais da sanidade -que este ano foron distinguidos coa Medalla da Cidade – polo “excepcional” traballo que están a realizar baixo condicións de moita presión. Unha vez máis, esixiu á Xunta, como autoridade competente, que actúe de forma inmediata dotando estes centros sanitarios dos medios e do persoal preciso.