luns, 13 abr 2020
Abel Caballero e David Regades fixeron efectiva este luns ante notario a venda dos inmobles de Areal 46 e Oporto 1, que pasan a ser propiedade e futura sede da Zona Franca de Vigo por 3,48 e 2,12 millóns, respectivamente. “Somos financeiramente máis fortes que antes e é un bo momento para selo porque veñen tempos difíciles”, manifestou o alcalde.
luns, 13 abr 2020
Abel Caballero avanzou que a primeira reunión terá lugar esta semana co obxectivo de lograr un consello “do máximo nivel” nun proxecto de recuperación “ordenado, apoiado e buscando a interlocución de tódolos ámbitos” porque “por forza temos ir xuntos na saída da crise”.
luns, 13 abr 2020
Na xornada de hoxe xa comezaron algunhas obras públicas da cidade como o pavillón de Quirós ou a Estrada Porto, aínda que a meirande parte destes traballos de construción municipal arrancará mañá martes, coa reactivación de Gran Vía, Porta do Sol ou Ronda don Bosco.
luns, 13 abr 2020
O alcalde explicou que, desde hoxe e xunto coa Policía Nacional, entregarán 15.000 máscaras enviadas polo Goberno de España no transporte urbano, estacións de trens e autobús e nas entradas dalgúns centros de traballo da cidade.