mércores, 8 mar 2017
O rexedor reclamou esta mañá á Xunta de Galicia a que "deixe de poñer obstáculos ao acordo acadado" sobre os accesos e o deseño do tráfico no contorno das estacións do AVE e de autobuses. En rolda de prensa deu conta do concerto que xa existe entre Adif, Concello e a eventual adxudicataria, Immochan, e instou ao goberno autonómico a sumarse a esta posición na reunión prevista o próximo 22 de marzo.
mércores, 8 mar 2017
Un pleno monográfico do Consello da Muller, un paro entre as 12,00 e as 12,30 h e un acto sobre igualdade no deporte son algunhas das iniciativas coas que o Concello se sumou hoxe á celebración do Día Internacional da Muller.
mércores, 8 mar 2017
O alcalde e presidente do Pleno do Consorcio anunciou este martes a convocatoria dunha sesión plenaria extraordinaria na que se votarán dous puntos sobre a Cidade do Mar: esixir á Xunta a cesión gratuíta dos edificios da ETEA á Universidade e ofertarlles desde Zona Franca 5,5 millóns para levar adiante alí este proxecto de I+D.
mércores, 8 mar 2017
O xornalista Ceferino de Blas García recibirá o recoñecemento oficial como novo cronista oficial da cidade o próximo 10 de marzo. Será nun acto que terá lugar no Pazo Quiñones de León no que recibirá un diploma e unha placa conmemorativa. <br />
mércores, 8 mar 2017
Abel Caballero sumouse este mércores á festividade de San Xoán de Deus, patrón dos bombeiros, no Fogar San Rafael onde os bombeiros vigueses realizaron unha exhibición para os usuarios do centro e para as súas familias, que gozaron da posibilidade de subir á escaleira do camión desprazado ata alí para a ocasión.