Escoitar

Ceferino de Blas será oficialmente o novo cronista oficial a partir do venres 10 de marzo

O xornalista Ceferino de Blas García recibirá o recoñecemento oficial como novo cronista oficial da cidade o próximo 10 de marzo. Será nun acto que terá lugar no Pazo Quiñones de León no que recibirá un diploma e unha placa conmemorativa. <br />

mércores, 8 mar 2017
O próximo venres 10 de marzo, o xornalista Ceferino de Blas García se converterá oficialmente no novo cronista oficial da cidade nun acto organizado no Pazo Quiñones de León. O substituto de Lalo Vázquez Gil recibirá un diploma acreditativo e unha placa conmemorativa dun nomeamento que é honorífico, persoal, vitalicio e gratuíto, segundo explicou Caballero.

Ceferino de Blas, xornalista, estudou na Universidade Pontificia e traballou en diferentes medios de comunicación, entre eles, o Faro de Vigo, do que foi director entre 1986 e 1994. Rematada esa etapa, seguiu impartindo cursos de xornalismo e a súa traxectoria intelectual segue moi vinculada á cidade, neste momento, a través do Instituto de Estudios Vigueses. En rolda de prensa, o rexedor lembrou algúns dos seus antecesores no cargo: Lalo Vázquez Gil, Xosé María Álvarez Blazquez, José Espinosa Rodríguez, Avelino Rodríguez Elías e Nicolás Taboada Leal, que foi o primeiro en ostentar este cargo.