venres, 10 marzo 2017

O alcalde eloxia a creatividade dos participantes no certame infantil de pintura de Vigolandia

venres, 10 mar 2017

Abel Caballero entregou este venres no Concello os diplomas e recoñecementos ás nenas e nenos de diferentes centros educativos da cidade que participaron no X Concurso de Pintura Vigolandia arredor da temática navideña. O rexedor salientou a calidade traballos que concorreron ao certame organizado polo IFEVI, algo que amosa a capacidade creativa dos escolares vigueses.