Escoitar

O goberno de Vigo aproba o proxecto de mellora do pavillón de Monte da Mina

A Xunta de Goberno Local deste xoves deu luz verde ao proxecto de reforma da estrutura e do pavimento do pavillón de Monte da Mina, en Castrelos. Abel Caballero explicou que investirá 260.000 euros na remodelación deste recinto polideportivo.

xoves, 9 mar 2017
O goberno de Vigo vén de aprobar o proxecto de reforma da estrutura e pavimento do pavillón municipal de Monte da Mina, en Castrelos, mellora na que o Concello prevé investir 260.000 euros e executala en catro meses.

Segundo explicou Caballero, este recinto vese afectado polo deslizamento de terras, o que produciu gretas na pista e modificacións "lixeiras" na estrutura do pavillón "que hai que corrixir". O Concello proxecta reconstruir a fachada afectada e renovar o pavimento deportivo, ademais de mellorar a recollida de augas, o aspecto exterior do edificio, entre outras melloras.