martes, 7 mar 2017
O Concello iniciará nos próximos días a andadura das grandes remodelacións previstas na Porta do Sol e na Gran Vía. Será a semana que vén cando se aproben os pregos para licitar os proxectos que permitirán transformar a Porta do Sol nunha gran praza cidadá -con tráfico soterrado- , así como instalar pasarelas mecánicas cubertas na Gran Vía.
martes, 7 mar 2017
O Concello arranca coa elaboración das contas do ano próximo, segundo informou este martes Abel Caballero, cunha proxección prevista de 243 millóns, polos 221 millóns deste ano. As prioridades serán a política social, educativa e deportiva, os investimentos e manter a estabilidade orzamentaria e a débeda cero, detallou o alcalde.
martes, 7 mar 2017
Coa colaboración do Concello de Vigo, o IV Certame de Relatos "Vigo Histórico" abre mañá 8 de marzo o prazo de recepción dos textos, nos que a cidade debe xogar un papel relevante, ao nivel das personaxes ou da trama. Como novidade, a organización concederá primeiro e segundo premio, ademais de catro accésits.
martes, 7 mar 2017
A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria do 10 de febreiro de 2017 aprobou as "Bases reguladoras e convocatoria para a adxudicación de prazas para a participación no programa municipal de inmersión en lingua inglesa "Vigo en Inglés 2017", dirixidas ao alumnado de 3º de ESO de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos" (expte. 18427-332).<br />