O alcalde anima a participar no Certame de Relatos "Vigo Histórico"
Coa colaboración do Concello de Vigo, o IV Certame de Relatos "Vigo Histórico" abre mañá 8 de marzo o prazo de recepción dos textos, nos que a cidade debe xogar un papel relevante, ao nivel das personaxes ou da trama. Como novidade, a organización concederá primeiro e segundo premio, ademais de catro accésits.
Este martes presentouse a cuarta edición do Certame de Relatos "Vigo Histórico", organizado pola Editorial Elvira co patrocinio privado de Tressis e a colaboración do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou á organización e patrocinadores polo seu traballo, eloxiou a calidade dos relatos e animou á cidadanía a participar para seguir incrementando o número de textos presentados nos anos anteriores -na edición 2016 superáronse os douscentos escritos-. Xunto ao alcalde vigués tomaron parte na rolda de prensa de hoxe o responsable da editorial, Javier Romero, a directora de Tressis en Galicia, Sara Alonso, e o xornalista Jacobo Buceta, en representación do xurado.
Segundo explicaron durante o acto, o prazo de presentación dos relatos comeza mañá, 8 de marzo, e finalizará o próximo 30 de xuño. A comunicación de gañadores e textos seleccionados será os días 29 de setembro e 6 de outubro e en decembro do presente ano terá lugar a entrega de premios e a presentación do libro cos relatos seleccionados.
Javier Romero incidiu especialmente este ano en que o tema é libre máis a acción ten que transcorrer na cidade, sendo Vigo parte transcendental do relato coma son as personaxes ou a trama. O xurado non valorará aquelas narracións que incumpran este punto.
A organización informou dun novo reparto dos premios como principal novidade da edición 2017. Así, o autor do mellor relato recibirá mil euros, un segundo premio recibirá 500 euros e o xurado outorgará catro accésits con 200 euros cada un.
Descargar todas as imaxes