Vigo e Pontevedra acollerán o Campionato de España de balonmaán de base en 2018 e o Mundial júnior en 2019
O acordo entre os concellos de Vigo e Pontevedra, a Deputación e as federacións española e galega de balonmán permitirá tamén que se celebre en 2018 o Torneo Internacional "Domingo Bárcenas", que contará coa presenza da selección española e doutras tres internacionais.
Abel Caballero reuniuse este martes co rexedor de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, coa presidenta da Deputación de Pontevedra e primeira tenente de alcalde de Vigo, Carmela Silva e cos presidentes da Federación Galega e Federación Española de Balonmán para abordar a celebración conxunta do Campionato de España de seleccións autonómicas de infantil, cadete e xuvenil e o Torneo Internacional "Domingo Bárcenas" na primeira semana de xaneiro de 2018 así como o Mundial Junior de 2019.
O alcalde vigués puxo en valor esta decisión como un "bo exemplo de cooperación activa" das tres administracións e das dúas federacións pensando no deporte e no interese cidadá que non entende de "fronteiras territoriais nin temporais". Ademais, destacou a dimensión económica e a proxección que supoñen estes eventos deportivos.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, amosou a súa "enorme e extraordinaria satisfacción" porque as dúas cidades máis importantes da provincia acordaran colaborar para desenvolver eventos "dos máis relevantes" do balonmán. Amais, salientou o compromiso da Deputación cos campionatos pola tradición deste deporte na provincia, porque é "fundamental promover o deporte base para competir ao alto nivel" e pola capacidade "incalculable" de presenza destes eventos e de atracción de visitantes.
Pola súa parte, o rexedor pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores, dixo estar "encantado" pola colaboración conxuntan no eido deportivo, que é un dos eixos do desenvolvemento da súa cidade e puxo en valor a vertente deportiva dos eventos e a proxección exterior e de promoción económica que supoñen.
O presidente da Federación Española de balonmán, Francisco Blázquez García, agradeceu o esforzo dos concellos de Vigo e Pontevedra así como da Deputación e destacou a afluencia de visitas que supoñen para o territorio (2.500-3.000 deportistas e entre 8.000 e 10.000 familiares). O presidente da Federación Galega de Balonmán, José Luís Pérez Ouro agradeceu a implicación das tres administracións para a celebración dos campionatos.
Descargar todas as imaxes