martes, 3 maio 2016

Vigo propoñerá eliminar o requisito da conexión territorial para entrar na Área Metropolitana

O rexedor vigués sinalou que na xuntanza que manterán mañá máis dunha vintena de alcaldesas e alcaldes da área metropolitana poñerán en común todos os aspectos que contempla a reforma da Lei e, especialmente, quere abordar a eliminación da conexión territorial como requisito para formar parte do ente supramunicipal e que Vigo teña servizos e tratamento de capital de provincia.

Caballero felicita ás campioas galegas do Celta Bosco Feminino de baloncesto

martes, 3 mai 2016

O alcalde felicitou este martes a unha representación das xogadoras do Celta Bosco Feminino de Baloncesto, que estiveron acompañadas por parte da Xunta Directiva do equipo e do cadro técnico, logo de proclamarse campioas galegas en tres categorías e antes de que disputen o Campionato de España o próximo mes de xuño. Abel Caballero reiteroulles o compromiso do Concello co deporte feminino e animounas a seguir traballando para acadar novos éxitos. <br />

Educación do Concello de Vigo e a Escola Municipal de Teatro presentan as VII XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR

martes, 3 mai 2016

Os días 4, 5, 9, 10 e 18 de maio o Auditorio do Concello de Vigo albergará baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro, as VII XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR, nas que participarán 335 actores e actrices noveis pertencentes a 11 centros de educación primaria e aos alumnos/as dos grupos de Dramatización III, Dramatización IV e Básico 9-11 anos da Escola Municipal de Teatro de Vigo. Estas xornadas posibilitan unha experiencia de participación aberta a toda comunidade educativa alumnado, profesorado, familias e contorno.