Escoitar

O Concello convenia con Érguete apoio residencial para drogodependentes

Caballero explicou este luns que o acordo se materializa en 45.000 euros para tres vivendas que acollen a persoas drogodependentes, coa supervisión de profesionais, para axudalos na súa reinserción social. O goberno de Vigo inclúe ademais ao colectivo noutros programas municipais, como o plan de emprego.

luns, 2 mai 2016
1462190455erguete.JPG
O Concello de Vigo e a Asociación de Axuda ao Toxicómano "Erguete" reeditan o convenio polo que o goberno local achega 45.000 euros á entidade para levar adiante un programa de apoio residencial para persoas drogodependentes.

Segundo explicou Caballero, o obxectivo do acordo pasa por dotar dunha vivenda a drogodependentes, que "nun número elevadísimo" teñen dificultades económicas, para axudalos a progresar na súa reincorporación social. Trátase de tres vivendas urbanas en réxime de aluguer, supervisadas por profesionais. O alcalde vigués salientou que os usuarios poden tamén entrar noutros programas do Concello de Vigo, como por exemplo o plan de emprego.
Descargar todas as imaxes