venres, 6 mai 2016
Segundo informou Abel Caballero, o goberno de Vigo aprobou este venres o expediente de contratación deste servizo, un contrato que sairá por dez anos e coa subrogación do persoal actual. Como novidades, o alcalde subliñou o pago telemático, a información en tempo real das prazas dispoñibles e a eliminación da rotación cada dúas horas en toda a cidade.
venres, 6 mai 2016
O próximo 15 de maio organízase a III Andaina polos montes de Vigo, cun percorrido de case 39 quilómetros distribuidos en tres itinerarios con diferente lonxitude e dificultade. Esta iniciativa forma parte do programa "Camiño a Camiño" que xa conta con máis de 8.000 participantes.
venres, 6 mai 2016
O alcalde participou este venres no Real Club Náutico de Vigo na presentación da quincuaxésima edición da Regata Ribeiro Rías de Galicia, a regata galega de cruceiro máis importante, que se celebra entre o 12 e o 15 de agosto en augas das rías viguesa, pontevedresa e arousá. <br />
venres, 6 mai 2016
A Concellería de Xuventude programa para o mes de maio obradoiros y charlas informativas para mozos e mozas de ata 35 anos de idade e empadroados en Vigo.<br />
venres, 6 mai 2016
De acordo co art. 39.1.b da Ordenanza fiscal xeral deste Concello, establécese a data límite para admisión de solicitudes de altas, modificacións e baixas de domiciliacións da taxa pola recollida do lixo vivenda do ano 2016 ata o 13 de maio do presente ano.
venres, 6 mai 2016
A data límite para admisión de domiciliacions do primeiro prazo no sistema especial de pago do imposto sobre bens inmobles (IBI) do ano 2016, finaliza o 13 de maio do presente ano.