O Concello convenia con Érguete apoio residencial para drogodependentes
Caballero explicou este luns que o acordo se materializa en 45.000 euros para tres vivendas que acollen a persoas drogodependentes, coa supervisión de profesionais, para axudalos na súa reinserción social. O goberno de Vigo inclúe ademais ao colectivo noutros programas municipais, como o plan de emprego.