Escoitar

Medidas de tráfico por obras

venres, 29 abr 2016
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de canalización de gas autorizada en exp 73559/250, a realizar pola empresa Gas Galicia Sdg, S.A., estará pechada ao tráfico a rúa EDUARDO IGLESIAS Nº 13, con acceso exclusivo para MERCADO, garaxes, servizo público e carga descarga, dende o 02/05/2016 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de canalización de gas autorizada en exp 76573/250, a realizar pola empresa Gas Galicia Sdg, S.A., estará pechada ao tráfico a rúa PRESA Nº 14 (TEIS), con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, dende o 02/05/2016 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.