Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 28 abr 2016
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 29 DE ABRIL DE 2016.



1.- Acta da sesión ordinaria e extraordinaria e urxente do 15 de abril de 2016.

ADMÓN. ELECTRÓNICA
2.- Expediente de contratación do servizo para o mantemento e asistencia do aplicativo que da soporte á xestión do Padrón municipal de Habitantes. Expte. 7695/113.

3.- Expediente de contratación do servizo para do mantemento e asistencia dos aplicativos que dan soporte á recadación e contabilidade municipal. Expte. 7694/113.

ASESORÍA XURÍDICA
4.- Dar conta de Sentenzas, Autos e Decretos:

a) Expte. 9707/111. Decreto do TSXG, Sala Contencioso-Administrativo, sección 4ª, no RC-A nº 15163/2016 PO. Demandante: AURORA ESTÉVEZ OTERO E 2 PERSOAS MAIS. Obxecto: desestimación presunta de reclamación económica-administrativa sobre IIVTNU do 24.02.2015. Desestimento dos actores.

b) Expte. 9610/111.Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 58/2016 PA. Demandante: MARÍA GONZÁLEZ LAGO. Obxecto: sanción de tráfico (Expte.158629562). Estimado o recurso.

c) Expte. 9620/111. Auto do X. Contencioso-Administrativo nº2 de Vigo no RC-A nº 70/2016 PA. Demandante: FERGRAFIC 3100 SL. Obxecto: desestimación presunta responsabilidade patrimonial administrativa, danos no local por asolagamento 25 e 26.02.2014 na rúa Martínez Garrido, 21. Declara o arquivo das actuación.

d) Expte. 9723/111. Sentenza do X.do Social nº 4 de Vigo no RC-A nº 637/2015. Demandante: Dª MARÍA GARCÍA BROULLÓN.Obxecto: Indemnización por falecemento do empregado do IMD don Rafael Abeijón B. o 29.10.14, conforme á póliza de aseguramento. Estimada a demanda.


e) Expte. 9239/111. Sentenza do X.Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A PE. nº 337/15 (Dereitos Fundamentais). Demandante: C.P. CASTELAO 50. Obxecto: Vía de feito. Emisións acústicas con motivo da celebración das Festas da Consolación de Coia. Desestimado o recurso.

f) Expte. 9680/111. Auto do X.Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A P.E. nº 151/2016 (Dereitos Fundamentais). Demandante: IRIA MARÍA ÁLVAREZ CANELLA. Obxecto: Acordo da X.G.L. Do 03.02.16 que declara caducada a O.E.P. dos anos 2010-2011 2ª Fase. Inadmitido o recurso.

g) Expte. 9631/111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A PA nº 94/2016. Demandante: Mª DEL PILAR CHANTADA CARBALLO. Obxecto: Resolución de 19.11.15 (E.P.), responsabilidade patrimonial administrativa por caída na r/ Urzáiz o 21.11.14 . Desestimado o recurso.

h) Expte. 9630/111. Sentenza do X.Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A PA nº 89/2016. Demandante: Jose Manuel Martínez Costas. Obxecto: Resolución do 4.12.15, responsabilidade patrimonial administrativa, caída na Avda. Castelao o 31.07.14. Desestimado o recurso.

BENESTAR SOCIAL
5.- Proposta de aprobación do Proxecto anual de servizos sociais comunitarios municipais para o ano 2016. Expte. 119997/301.

CONTRATACIÓN
6.- Clasificación de ofertas para a contratación da concesión do servizo de aparcamento baixo a praza de Portugal. Expte. 429/449.

7.- Proposta de novo requerimento de documentación e exclusión de licitador para a contratación dos servizos de procuradores para a representación do Concello de Vigo perante distintos órganos xudiciais. Expte. 9408/111.

DEPORTES
8.- Proposta de aprobación das normas reguladoras do Programa municipal do circuito de carreiras populares "RUNRUNVIGO 2016" e dotación de premios en metálico para os participantes. Expte. 14997/333.



EMAO
9.- Proposta de aprobación da 2ª modificación do Plan de Estudos EMAO 2015. Expte. 43/613.

IGUALDADE
10.- Proxecto de convenio de colaboraicón coa Asociación "Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos" para o apoio ao proxecto de acompañamento ás mulleres vítimas de violencia de xénero durante o ano 2016. Expte. 7088/224.

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
11.- Solicitude de subvención á Secretaría Xeral de Política Lingüística para o mantemento do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. Expte. 2093/334.

OSPIO
12.- Dar conta da acta de comprobación de replanteo correspondente á obra "Ensanche do estreiro do Pividal, na avda. de Santa Mariña". Expte. 3201/443.

13.- Proposta de aprobación do Programa de Traballo e Plan de Control de Calidade para a execución das obras do "Ensanche do Estreito da Pividal, na avda. de Santa Mariña". Expte. 3189/443.

14.- Dar conta da acta de comprobación de replanteo das obras "Humanización da rúa Marqués de Valterra". Expte. 3204/443.

RECURSOS HUMANOS
15.- Modificación puntual da Relación de Postos de Traballo - postos de persoal eventual. Expte. 27612/220.

16.- Dar conta de resolucións do concelleiro delegado de Xestión municipal e Persoal:

a) Encomenda provisional de funcións a D. José Luis Amoedo Cabaleiro, axudante de oficios destinado no Taller de Vías e Obras. Expte. 27978/220.

b) Encomenda provisional de funcións a Dna. Almudena Casas González. Expte. 27977/220.

c) Reasignación de efectivos ao servizo de Educación do Concello de Vigo e atribución temporal de funcións de Dna. Mª José Loureiro Bada. Expte. 27912/220.

d) Renuncia presentada por Dna. Ruth Mª Gallego Santos ao seu nomeamento interino por acumulación de tarefas como auxiliar de Administración xeral no servizo de Benestar Social. Expte. 27998/220.

17.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 29 de abril de 2016, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á Secretaria do Goberno e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 27 de abril de 2016.


O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,



Abel Caballero Álvarez Olga Alonso Suárez.