Escoitar

Vigo revalida as nove bandeiras azúis e suma xa tres sendeiros con distinción medioambiental

Vigo contará un verán máis con 9 bandeiras azúis, ademais de manter o recoñecemento de sendeiro azul para o "Camiño de Beiramar". Este ano, como novidade, tamén reciben este recoñecemento medioambiental a "Senda entre Faros nas Illas Cíes" e a "Senda litoral e do Monte da Guía".

xoves, 5 mai 2016
Vigo revalida as nove bandeiras azúis que obtivo o ano pasado e que solicitou de novo neste 2016. Os arenais que obtiveron recoñecemento son: Areal da Punta, Tombo do Gato, Argazada, Fontaíña, Vao, Canido, Fortiñón, Rodas e Figueiras. Es te ano, aos arenais hai que sumar dúas novas distincións de sendeiros, un galardón que mantén un ano máis o "Camiño de Beiramar". Os dous novos sendeiros con recoñecemento medioambiental son a "Senda entre Faros nas Illas Cíes", que parte da praia de Rodas e chega ata o dous faros da illa e a "Senda litoral e do Monte da Guía", en Teis, que transcorre polo Monte da Guía, praia da Punta e a ETEA.