Escoitar

O alcalde congratúlase de que Vigo sexa "un referente da cultura e dos deportes da mocidade"

Caballero participou esta mañá na presentación do Vigo Street Stunts 2016 Body Extreme que se celebrará a súa segunda edición en Vigo os próximos 8,9 y 10 de xullo. En rolda de prensa, garantiu o apoio do Concello para eventos como este ou O Marisquiño que fomentan que Vigo se consolide como "un referente da cultura e dos deportes da mocidade".

martes, 3 mai 2016
1462280254deportes.JPG
O alcalde de Vigo destacou esta mañá que Vigo é un referente da cultura e dos deportes da mocidade, competindo con grandes cidades como Nueva York ou París. Así o explicou na rolda de prensa de presentación da segunda edición do Vigo Street Stunts 2015 Body Extreme, na que tamén participaron representantes doutras institucións ademais da propia organización.

En Vigo estase consolidando unha forma distinta de entender o ocio, a través da cultura e dos deportes que máis atraen á mocidade e nesta senda, dixo Caballero, o Concello sempre será un apoio, tal e como xa ven acontecendo co Marisquiño.

Vigo Street Stunts 2016 Body Extreme continúa na mesma liña da exitosa primeira edición, en 2015, aumentando os días de programación e incorporando novas disciplinas en auxe a nivel mundial. Ideas de Percebe, empresa organizadora, consolida así un proxecto su xurdiu como o primeiro campionato desta modalidade realizado en España e pretende converterse no mellor evento deportivo urbano do mundo na súa categoría, contribuíndo ao posicionamento de Vigo no mapa das grandes citas deportivas.

Participarán 40 campións do mundo e máis de 300 participantes amateur nun evento deportivo no que o corpo dos deportistas é o único e gran protagonista. Son tres días con máis de 14 horas diarias de deporte extremo, espectáculos, animación e música, todo de xeito gratuíto e para todos os públicos.
Descargar todas as imaxes