mércores, 15 dec 2010
Abel Caballero anunciou este mércores o envío dunha carta á Xunta de Galicia reclamando a transferencia da titularidade da parte do vial PO-325 (que une a cidade con A Ramallosa) que pasa por Vigo. O alcalde recordou que tamén "estamos na tramitación" da cesión da Avenida de Madrid, desde Puxeiros ata a Praza de España, como parte da política municipal de que "todas as competencias que teñan que ver coa atención aos cidadáns as teñamos no Concello".
mércores, 15 dec 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, deu conta este mércores da resolución das axudas directas ao pequeno e mediano comercio de Vigo convocadas pola Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Comercio. O nacionalista destacou que tanto o número de solicitudes como o de axudas concedidas duplicaron as cifras do 2009, con 1.741 establecementos beneficiarios na convocatoria de 2010. Nestes dous anos repartíronse 1.200.000 euros entre 2.603 comercios da cidade.
mércores, 15 dec 2010
O alcalde e as concelleiras de Medioambiente, Chus Lago, e de Vías e Obras, Isaura Abelairas, visitaron este martes o entorno do mercado de Travesas coa xerencia do mercado e do supermercado Mercadona da praza superior. Caballero puido coñecer de primeria man as necesidades do barrio vigués e a opinión da veciñanza.
mércores, 15 dec 2010
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, asinou este mércores dous convenios de colaboración con dúas entidades sen ánimo de lucro como son o Banco de Alimentos e a asociación Vida Digna. A concelleira do BNG destacou que máis aló da cuantía dos convenios, 10.000 euros en total, o obxectivo desta iniciativa é reforzar a axuda que se presta ás persoas máis afectadas pola crise económica e dar a coñecer á cidadanía o tecido social vigués que traballa con este colectivo.
mércores, 15 dec 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou hoxe a XLIX edición da Carreira do Pavo, que se celebrará o vindeiro domingo, 19 de decembre, dende as 10.30 horas na Praza de Compostela. O nacionalista destacou que esta carreira, xa plenamente consolidada, ten o aliciente de ser a última das probas programadas no Circuíto de Carreiras Populares que organiza o Concello de Vigo.