Escoitar

O Auditorio Municipal acolle mañá mércores e o xoves a obra "Ego" para público adulto, da compañía Pinga Teatro

O programa estable de artes escénicas que organiza a Concellería de Cultura e Animación Sociocultrual continúa mañá e o xoves, 15 e 16 de decembro, no Auditorio Municipal. A compañía Pinga Teatro representará, ás 20.30 horas, a obra "Ego", dirixida ao público adulto. O prezo das entradas é de 7 euros e pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na propia taquilla unha hora antes do comezo do espectáculo.

martes, 14 dec 2010
Baixo a dirección de Miguel Condal e interpretada por Miquel Condal e María Carrera, "Ego" narra a historia dun pintor pechado no seu estudio que fai repaso da súa vida a través das gravacións que fai cunha cámara de vídeo, de xeito que amosa o seu lado máis egoísta, perverso ou infantil.

A programación completa organizada pola Concellería de Cultura e Animación Sociocultural pódese atopar na web www.vigocultura.org.