Unha campaña publicitaria, última acción informativa sobre os sistemas de retención infantil nos vehículos
A Concellería de Seguridade programou accións para sensibilizar e informar á cidadanía do axeitado uso dos sistemas de retención infantil nos vehículos. A publicidade nos mupis é a última fase desta iniciativa, tras a recollida de datos, os trípticos e a formación impartida por axentes nos centros de saúde. A información da Policía Local revela que o 52% dos vehículos non levan os sistemas de retención en condicións aptas de seguridade para os nenos
A Concellería de Mobilidade, Transporte e Seguridade que dirixe o socialista Xulio Calviño ven de iniciar, a través da Policía Local, unha acción publicitaria nas rúas para sensibilizar á cidadanía do axeitado uso dos sistemas de retención infantil nos vehículos.
En varios paneis informativos da cidade -chamados habitualmente mupis- se inicide na importancia de que o menor estea ben abrochado na súa cadeira e esta vaia ben suxeita ao vehículo. A publicidade é a última fase dunha campaña de información e sensibilización cidadá que comezou coa recollida de datos a pé de rúa, continuou coa edición de trípticos informativos e coas charlas formativas en centros de saúde da cidade impartidas por axentes da sección de Educación Viaria da Policía Local de Vigo.
Esta medida foi levada adiante polo concello olívico ante a percepción de que, pese a que os sistemas de retención infantil nos vehículos son amplamente empregados -segundo as estatísticas da DGT e de RACE-, a taxa de uso incorrecto destes é elevada, con resultados lesivos para os menores nos accidentes de tráfico.
Estatística
A recollida de datos, primeira fase desta iniciativa, levouse a cabo nos meses de setembro e outubro deste ano nas proximidades aos centros escolares e garderías da cidade. Os axentes inspeccionaron en preto de 150 vehículos o uso dos sistemas e informaron aos condutores que o precisaban do correcto axuste dos menores, de entre 0 e 6 anos, ás súas cadeiras.
Segundo a estatística policial, o 52% dos vehículos non levaban os sistemas de retención infantís en condicións aptas de seguridade para os nenos e nenas. Case a metade destes, o 48%, debeuse a levar o arnés de seguridade moi frouxo, co que o menor non estaba ben protexido. Nun 20% dos casos foi debido a que a cadeira infantil non estaba debidamente suxeita ao vehículo e unha porcentaxe próxima ao 12% non empregaban os grupos destinados ao peso do neno ou ían sentados sen estar suxeitos pola parte superior do torso.
Descargar todas as imaxes