Escoitar

María Méndez anima á cidadanía a mercar os agasallos de Nadal no mercado de De Boa Man para potenciar a integración

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, fixo un chamamento aos vigueses e viguesas para que merquen os agasallos navideños no mercado de De Boa Man, que como é tradicional está instalado nunha carpa na rúa do Príncipe. A concelleira nacionalista asegurou que con esta iniciativa dase un paso máis "na integración no mundo laboral das persoas con discapacidade".

martes, 14 dec 2010
1292332969Mercadillo.JPG
María Méndez expresou o seu compromiso coa continuidade de De Boa Man, froito do traballo conxunto entre a Concellería de Benestar Social e diversas entidades sociais de Vigo que traballan no eido da discapacidade, como Alento, Apamp, Aspanaex, Aspavi, Cogami, Doa, Menela e San Rafael. Sinalou que neste mercado pódense adquirir artigos da máis variada índole e de gran calidade, dende obxectos de cerámica, madeira ou coiro, ata xoguetes e bixutería.

Para a concelleira de Benestar Social, é moi importante apoiar esta iniciativa, xa que considera que redunda na mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade. "Coa organización desta campaña estas persoas son quen de atopar unha saída laboral, xa que elas mesmas comproban que son capaces de realizar un traballo", destacou.
Descargar todas as imaxes