Escoitar

O alcalde inaugura a humanización das rúas Bolivia e Padre don Rúa, cun investimento de 1,7 millóns de euros

Abel Caballero cualificou de "excepcional" a humanización das dúas rúas viguesas, "mantendo as prazas de aparcamento" nunha "das zonas máis dignas da cidade". A reforma inclúe a renovación das redes de saneamento, abastecemento e a canalización das augas pluviais, a instalación de novos puntos de luz, bancos, papeleiras, arborado e xardineiras.

martes, 14 dec 2010
1292334132bolivia.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este martes a humanización das rúas Bolivia e Padre don Rúa, no entorno da Praza Elíptica, cun investimento de 1,7 millóns de euros.

Segundo explicou Caballero, trátase dunha reforma "excepcional" que mantén as prazas de aparcamento existentes ata o momento e resolve a "calamidade" na que se atopaban as beirarrúas "destrozadas" e o pavimento "cheo de baches". Tras a remodelación, esta é "unha das zonas máis dignas da cidade", asegurou o rexedor.

A actuación incluíu a renovación das redes soterradas de saneamento e abastecemento, ademais das canalizacións de augas pluviais. O Concello de Vigo instalou ademais máis de medio centenar de árbores, 27 novos puntos de luz, papeleiras, xardineiras e bancos. Abel Caballero adiantou que "poremos máis bancos" cando cheguen os 1.500 encargados polo goberno local para despois do Nadal.
Descargar todas as imaxes