Santi Domínguez salienta que as 1.741 axudas concedidas ao pequeno e mediano comercio duplican ás de 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, deu conta este mércores da resolución das axudas directas ao pequeno e mediano comercio de Vigo convocadas pola Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Comercio. O nacionalista destacou que tanto o número de solicitudes como o de axudas concedidas duplicaron as cifras do 2009, con 1.741 establecementos beneficiarios na convocatoria de 2010. Nestes dous anos repartíronse 1.200.000 euros entre 2.603 comercios da cidade.
Santi Domínguez lembrou que as axudas directas ao pequeno e mediano comercio creáronse no 2009 para atender a demanda do sector do comercio da cidade e das asociacións de comerciantes co obxectivo de "paliar os efectos da crise económica e as dificultades por mor das obras". Salientou o "ben recollidas" que foron estas axudas polos pequenos e medianos comerciantes.
O nacionalista fixo unha comparativa entre os datos de 2009 e 2010. Explicou que no tocante ás solicitudes presentadas, na convocatoria do ano pasado foron 1.087, mentres que na do 2010 ascenderon a 2.409, máis do dobre que no ano anterior. No tocante aos datos de concesión das axudas, indicou que no 2009 entregáronse 862 e 1.741 en 2010.
O tenente de alcalde explicou que as axudas para cada establecemento oscilan entre os 800 euros aos comercios que obtiveron as máximas puntuacións, segundo o baremo establecido, e os 100 euros dos comercios con menor puntuación. Explicou que a convocatoria incluía tres apartados de baremación, a repercusión das obras, o número de traballadores e traballadoras na plantilla e a participación en programas de formación.
Santi Domínguez expresou a súa satisfacción polo incremento das solicitudes, pero por outro lado manifestou a súa preocupación por que as axudas sexan todavía necesarias "para superar este momento de crise". Porén, fixo un chamamento ao optimismo e fixo referencia aos datos feitos públicos pola Cámara e Comercio, que poñen de manifesto que a apertura de comercios cuadriplicouse respecto aos que pecharon. Neste sentido tamén comentou que na campaña de Nadal "parece que está repuntando o consumo".
O tenente de alcalde quixo transmitir dúas mensaxes á cidadanía viguesa. Por unha parte destacou que é necesario mercar no pequeno e mediano comercio da cidade, xa que aglutina 16.000 postos de traballo e os seus beneficios revirten directamente na propia cidade. Ademais, anunciou que a principios do vindeiro ano volverán a poñerse en marcha as axudas ás pemes e manifestou que "dependendo da capacidade orzamentaria" haberá posibilidade de incrementalas. "Queremos que prioritariamente a nosa acción de goberno vaia orientada a dar resposta ás consecuencias da crise", asegurou.
Descargar todas as imaxes