venres, 26 xuño 2009

O alcalde izou a bandeira azul do Vao

Abel Caballero e o vicepresidente de ADEAC, José Palacios, izaron hoxe venres simbólicamente a bandeira azul no areal do Vao, xunto coa concelleira de Medioambiente, Chus Lago, en representación das sete praias distinguidas en Vigo este verán, unha máis que o pasado ano. <br />

Santi Domínguez firmou o patrocinio do Mundial de hóckey con Caixanova e presentou o himno do campionato

venres, 26 xuñ 2009

O tenente de alcalde de Vigo, Santi Domínguez, asinou hoxe con Caixanova o contrato de patrocinio do Campionato do Mundo de hóckey a patíns, que se disputará en Vigo e Pontevedra do vindeiro día 4 ao 11 de xullo, e presentou xunto a Jorge Santos, director de Infancia, Xuventude e Deportes da entidade, o torneo de base que do 5 ao 10 de xullo se disputará de forma paralela á competición oficial no Ifevi,pavillón de Pontevedra e pavillón do Carme.

Iolanda Veloso presenta o certame de curtametraxes "Vigounhaedez" dirixido a menores de 30 anos

venres, 26 xuñ 2009

A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, presentou este venres o concurso de curtametraxes "Vigounhaedez", convocado en colaboración coa asociación xuvenil Abertal e dirixido a mozos e mozas menores de 30 anos. "Queremos que a xente nova presente a súa visión de Vigo a unha e dez da noite", explicou a concelleira, co obxectivo de organizar unha mostra con todos os traballos presentados os días 25 e 26 de setembro.

O seu concerto estará precedido pola actuación do saxo Josetxo Goia-Aribe

A viaxe hipnótica de Anouar Brahem no Festival Imaxina Sons

venres, 26 xuñ 2009

Chega Imaxina Sons á terceira xornada do festival o sábado 27 de xuño cun dos pratos máis delicados do menu de jazz desta quinta edición. Con Le Voyage de Sahar, o músico Anouar Brahem (Túnez, 1957) consolida o singular trío que forman o seu oud –o laúde árabe-, o piano de François Couturier e o acordeón de Jean Louis Matinier.

A programación do "Vigo a escena" chega esta fin de semana a Coia coa obra "Ide todos ao inferno"

venres, 26 xuñ 2009

A programación de "Vigo a escena" para o primeiro semestre do 2009 chega esta fin de semana a Coia, coa actuación mañá 27 de xuño da compañía Lope de Vega no CCA O Rueiro ás 20.30 horas. Esta compañía interpretará "Ide todos ao inferno", unha obra dirixida por Julián Rodríguez Novo e interpretada polo propio director e por Marta Lado Insua e Javier Octavio de Toledo e na que a ironía é a ferramenta para críticar a nosa sociedade.

Anuncio de Mobilidade e Seguridade

Peche de tráfico da rúa Roteas de Abaixo

venres, 26 xuñ 2009

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, a realizar <br /> pola empresa GAS GALICIA, estará pechada ao tráfico a rúa Roteas de Abaixo (Coruxo), con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 29 de xuño de 2009 ás 10:00 horas e por un período aproximado de tres semanas.