O alcalde izou a bandeira azul do Vao
Abel Caballero e o vicepresidente de ADEAC, José Palacios, izaron hoxe venres simbólicamente a bandeira azul no areal do Vao, xunto coa concelleira de Medioambiente, Chus Lago, en representación das sete praias distinguidas en Vigo este verán, unha máis que o pasado ano. <br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o vicepresidente de ADEAC (a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor, entidade encargada da concesións das bandeiras azuis), José Palacios, izaron hoxe venres a bandeira azul na praia do Vao, un dos sete areais vigueses distinguidos pola súa calidade.
O alcalde agradeceu a ADEAC o "estímulo" para seguir mellorando e felicitou a todos os servizos municipais pola atención nas praias viguesas durante o verán, en particular á concelleira de Medioambiente, Chus Lago.
Abel Caballero e Chus Lago anunciaron que o "arriesgado" obxectivo para o próximo verán será acadar nove bandeiras azuis, dúas máis das actuais de Canido, O Vao, Fontaíña, Argazada, Tombo do Gato, A Punta e Rodas.
José Palacios fecilitou ao Concello pola "excelente labor" realizada no litoral e nas praias, quen solicitou ao alcalde a colaboración municipal para demostrar nunha tese universitaria as posibilidades de acceso ao mar dos discapacitados. O vicepresidente indicou que iníciase por primeira vez un simulacro que permita mellorar a formación dos socorristas, para o que tamén solicitou o apoio municipal.
Finalmente, o vicepresidente de ADEAC eloxiou a recuperación dunar do Vao, que é "modelo a seguir" en España, segundo expresou Palacios, e animou ao alcalde a trasladar as árbores do areal porque "non pertence á praia", unha medida a consensuar coa cidadanía.
Descargar todas as imaxes