A viaxe hipnótica de Anouar Brahem no Festival Imaxina Sons
Chega Imaxina Sons á terceira xornada do festival o sábado 27 de xuño cun dos pratos máis delicados do menu de jazz desta quinta edición. Con Le Voyage de Sahar, o músico Anouar Brahem (Túnez, 1957) consolida o singular trío que forman o seu oud –o laúde árabe-, o piano de François Couturier e o acordeón de Jean Louis Matinier.
O músico tunecino ten sido ousado en moitas das súas formulacións; se ben agora as irmandades instrumentais que promove resultan do máis estimulante, xa tiña mérito previamente ao ter situado o oud como instrumento solista cando tradicionalmente tense utilizado de acompañamento. Antes que Anouar Brahem, subirá ao escenario do Conservatorio Superior de Música o saxofonista Josetxo Goia-Aribe coa súa proposta de La Orquesta Jamalandruki. Continúan os pasacalles ao longo do día e o circuíto Jazz na Noite.
Delicado. Leve. Hipnótico. Minimalista. Anouar Brahem transpórtanos nunha viaxe que vai do Magreb ao frío nórdico. Anouar Brahem consolida a súa carreira musical na década dos noventa, revelándose unha sorpresa para a audiencia de jazz aínda que xa colleitara un importante éxito na súa terra natal. Algunhas críticas situábano a mediados dos anos noventa no cerne do jazz precisamente por ter ido máis alá del. Anouar Brahem nútrese de asociacións musicais inesperadas ou sorprendentes, tanto se nos referimos ao aspecto instrumentais como se estamos falando de músicos con diferentes horizontes.
A súa actividade discográfica é especialmente intensa nos noventa e vinculada á casa discográfica alemá ECM. Neses anos tamén participou en bandas sonoras para o cine como as dos filmes Asfour stah de Férid Boughedir (1990) Bezznes de Nouri Bouzid (1992) Samt el qusur de Moufida Tlatli (1994).
Apagado o conflito do Líbano en 2006 entre o exército israelí e Hezbolá, foi el mesmo quen se puxo detrás da cámara para dirixir o documental Mots d'après la guerre (Palabra xurdidas da guerra, 2007) protagonizado por artistas e intelectuais libaneses.
Anouar Brahem sempre se ten rodeado de músicos ben interesantes e prestixiosos dentro da escena jazzística, como os que o acompañan nestes dous últimos discos. François Couturier é un grande compositor e pianista integrado desde os anos oitenta na elite do jazz francés mentres que Jean Louis Matinier está considerado un mestre do acordeón, que, ademais, xa coñece o festival porque participou na terceira edición de Imaxina Sons.
Antes de que Anouar Brahem suba ao escenario, o público poderá disfrutar da proposta de Josetxo Goia-Aribe. Se hai algo que indubidablemente caracteriza a traxectoria do saxofonista é esa viaxe a través da paisaxe musical de seu utilizando como vehículo o estilo jazzístico. Por esa razón e pola súa teima en estirar toda esa bagaxe tradicional e próxima até chegar á transgresión, o seu traballo resulta, en palabras da crítica, persoal e identificable. Peculiar e asemade amable. Con formación de quinteto -catro ventos e percusión- e co proxecto La Orquesta Jamalandruki, o compositor navarro fainos unha proposta de jazz con ecos de charanga, de romaría, de infancia e, por suposto, de gozo. Un jazz que evoca bos momentos e que se constrúe con esa equipaxe común que todos levamos e que se chama imaxinación. Sen ela non existirían magos como Ricardo Rebolledo Zubiarrain, de alcume Jamalandruki, capaces de permanecer na lembranza de cativos como Josetxo Goia-Aribe para inspiralo décadas despois nun disco cargado de sensibilidade e emoción. Con él en Vigo, David Herrington, trompeta, Marko Bellizi, trombón, Luis Orduña, tuba, e Guillermo McGill, percusión.
Programa sábado 27 de xuño de 2009
Pasacalles Papa Swing
13 horas: Príncipe e a súa contorna
19 horas: C.C. Travesía e a súa contorna
21 horas: Peonal do Calvario
20,30 h Josetxo Goia-Aribe - La Orquesta Jamalandruki
+ Anouar Brahem - Le Voyage de Sahar
Auditorio "Martín Códax" do Conservatorio Superior de Música
Entrada libre
01,30 h Ciclo Jazz na Noite. XancaraJazz.
Paco Dicenta Jazz Qüartet
Entrada libre
Domingo 28 de xuño
Pasacalles Papa Swing
13 horas: Alameda de Bouzas
19 horas: Verbum-Samil
21 horas: Praza Constitución e a súa contorna
19,30 h O.M.E.G.A - Orquestra de Música Espontánea
de Galicia dirixida por Fred Frith

Podemos escoitar cuncos tibetanos, saxofóns, computadores, cazolas, contrabaixos, frautas do mundo, axóuxeres, guitarras eléctricas, maracas rechamantes ou violíns. Podemos ver como o conxunto de músicos se divide en dous formando dúas orquestras independentes. Ou –e iso chamará moito a nosa atención- como o director, nesta ocasión nada menos que Fred Frith (Heathfield, 1949), pide unha nota con peculiares sinais. A Orquestra de Música Espontánea de Galicia (O.m.e.g.a) non quere poñerllo fácil á audiencia, que asiste a un proceso de composición musical durante o cal os músicos transforman en son os xestos do director, convertendo cada sesión en única e afastándose de conceptos como disco ou, simplemente, repertorio. Porén, os ao redor de vinte músicos que participan do proxecto, procedentes de ámbitos musicais e artísticos diversos, pretenden que a audiencia sexa parte necesaria da experiencia O.m.e.ga. O inclasificable compositor e guitarrista británico Fred Frith únese ao movemento espontáneo galego. Fred Frith leva cuarenta anos buscando novas sonoridades e aceptando novos retos como dirixir a esta formación galega.
22,00 h Miroslav Vitous - Remembering Weather Report
Teatro-Sala de concertos do Centro Cultural Caixanova
Butaca: 12 €; 1º anf: 11 €; 2º anf: 10 €; 3º anf: 9 €
Despacho de entradas a partir de las 18h.
Todos os músicos que formaron parte do proxecto Weather Report recoñecen a trascendencia que supuxo na súa carreira. Se uns anos antes da súa morte, Zawinul adaptaba temas do grupo para big band, agora é outros dos seus fundadores quen trae de novo ao fronte o legado de Weather Report. Miroslav Vitous estudou desde ben pequeno violín, piano e contrabaixo, no Conservatorio de Música de Praga, o mesmo establecemento -berce de moitos músicos ilustres- que o compositor Antonin Dvorák dirixiu entre 1901 e 1904. Aos vinte anos cruza o Atlántico para estudar no Berklee College of Music (Boston, EUA) e un ano despois xa está coñecendo o ambiente jazzístico da cidade de Nova York. Para o seu primeiro disco como líder, Infinite Search (Embryo, 1970) contou co saxofonista Joe Henderson, o pianista Herbie Hancock, John McLaughlin na guitarra e Jack DeJohnette na batería, o cal da idea da confianza que inspiraba o talento do xove checo entre os grandes. Colaborou con músicos como Stan Getz ou Herbie Mann e formou nos primeiros oitenta un trío histórico con Chick Corea e Roy Haynes.En Vigo a súa formación será: Miroslav Vitous, contrabaixo, Franco Ambrosetti trompeta, Robert Bonisolo, saxo tenor e Fabrizio Sferra, batería.
Luns 29 de xuño
20,30 h Mesa redonda/conferencia
Presentación do libro Improvisación libre. La composición en movimiento
de Chefa Alonso. Participan a autora e o compositor e pianista Agustí
Fernández.
Salón de actos do MARCO.
21,30 h Fred Frith & Lucia Recio
Salón de actos do MARCO
Entrada libre
Por momentos perturbadora e por momentos delirante, Lucia Recio defínese como cantante improvisadora e vocalista. De orixe andaluza, o seu traballo tense desenvólvese en Francia onde emigrou a súa familia e onde naceu, marcado pola experimentación e pola procura dun folclore contemporáneo. Pola súa parte o británico Fred Frith leva corenta anos na vangarda musical como compositor e multiinstrumentista, recoñecido fundamentalmente pola guitarra e con proxectos de música improvisada que se achegan ao rock e ás novas músicas. Dramática, intensa, ruidosa e, tamén, un chisco aditiva. Así é a proposta do dúo de Lucia Recio e Fred Frith no quinto festival Imaxina Sons.
O xeito de cantar de Lucia Recio é a expresión das angustias a das alegrías da vida; agora doce, despois abrupta, esta artista ten explorado coa súa voz vivencias persoais como a dor e a nostalxia da familia que vive fóra do seu país e que soña con volver. Lucia Recio aprendeu o español en Francia escoitándoo falar na casa e a través das coplas, así que aínda educándose en francés, o idioma no que comezou a cantar foi o español. Desde hai dez anos canta en francés con Janvier 32.
Tivemos a oportunidade de achegarnos á personalidade musical de Fred Frith en constante procura de novas sonoridades a través do documental Step Across the Border ( Nicolas Humbert, Werner Penzel, 1990), -proxectado na pasada edición do festival- que en 2000 foi escollido polos críticos da revista Cahiers du Cinema como un dos cen mellores filmes da historia. O documental retrata a este músico inclasificable, que deixou Europa a finais dos anos setenta despois dunha década como parte de Henry Cow, grupo vangardista onde ademais da guitarra tocaba o violín, o baixo, o piano e o xilófono. Coa chegada a Nova York, Frith intégrase na escena local do downtown con outros inclasificables como John Zorn ou Tom Cora. A discografía de Frith é inabarcable, xa que aparece nos créditos de máis de catrocentos discos sexa como solista, en banda ou en colaboración.
23,00 h CICLO "Jazz na Noite"
Club Contrabajo
U-lo Trío?
Marcos Teira, na guitarra flamenca, Pepe Sendón, na percusión e no vibráfono e Xacobe Martínez Antelo, no contrabaixo, son U-lo Trío? unha proposta acústica que indaga nas formas rítmicas do flamenco. Tres músicos de longa e frutífera traxectoria xuntos nesta formación, nada hai dous anos e cun repertorio que mestura jazz (Miles Davis, Charles Mingus, Thelonious Monk), rock (John Lennon, Jimmy Hendrix) e a música popular de calquera recanto do mundo con atención especial ao legado latinoamericano (Simon Diaz, Heitor Villa-Lobos, Rafael Hernández).
Descargar todas as imaxes