xoves, 25 xuño 2009

Abel Caballero eloxiou a "decisión clave" de Fomento de acortar os prazos do AVE directo a Vigo

O alcalde mostrouse hoxe xoves satisfeito pola contratación conxunta -anunciada onte por Fomento- do proxecto e obra da Alta Velocidade entre Vigo e Ourense por Cerdedo, pois "adiantamos un ano o Vigo-Madrid". Abel Caballero calificou de "fito" os compromisos adquiridos coa cidade polo ministro, quen ratificou ademais as novas autovias a Porriño e Pontevedra, a ampliación de Rande e a nova terminal de Peinador.

Benestar Social pon en marcha o primeiro programa integral de inclusión social con dous pisos de acollida

xoves, 25 xuñ 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentaron este xoves o primeiro programa municipal de transición á vida autónoma co que conta a cidade de Vigo. Esta iniciativa consiste na posta en marcha de dous novos pisos de acollida para 13 persoas en risco social ou que xa están excluidas socialmente e no seguimento por parte de profesionais para conseguir a súa plena integración social.

O alcalde ensalza o "referente" do naval vigués na apertura do 48 Congreso de Inxeñería Naval e Industria Marítima

xoves, 25 xuñ 2009

Abel Caballero presidiu este xoves a apertura do Congreso que reúne a uns 150 expertos do sector na cidade durante dous días baixo o lema "Industria Naval Española: Actuacións para gañar o futuro". O alcalde agradeceu a elección de Vigo para a celebración do evento, cidade "referente pola súa industria naval", e fixo un chamamento á finalización do conflicto laboral do metal. <br />

Entrega de bolsas por valor de 20.000 euros a alumnos da Escola Oficial de Idiomas para estudar no estranxeiro<br />

xoves, 25 xuñ 2009

Abel Caballero acudiu este xoves á Escola Oficial de Idiomas onde fixo entrega aos 16 mellores expedientes da entidade de sendas bolsas económicas para estudar un mes no estranxeiro e perfecionar así a lingua. O total do apoio municipal á EOI ascende a 20.000 euros, sendo este ano a primeira vez que establécese esta colaboración entre o Concello e a Escola.

A escola obradoiro municipal "Mar de Vigo IV" remata o seu proxecto coa botadura dun galeón tradicional

xoves, 25 xuñ 2009

O cuarto proxecto da Escola Obradoiro Mar de Vigo, promovido pola Concellería de Promoción Económica e Emprego, clausurouse este xoves coa botadura do galeón tradicional, acto presidido polo alcalde, Abel Caballero. 40 traballadores menores de 25 anos formáronse durante ano e medio en tres especialidades relacionadas co mar, e hoxe xoves recibiron o seu diploma acreditativo.

A xornada do venres 26 de xuño complétase con pasacalles, o dúo de Jacobo de Miguel e Ton Risco e Jazz na Noite

A pianista Rita Marcotulli homenaxea a Pink Floyd no Imaxina Sons

xoves, 25 xuñ 2009

O Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons aborda a súa segunda xornada cun programa que comeza xa de mañá cos pasacalles e que inclúe a Homenaxe a Pink Floyd da italiana Rita Marcotulli no Conservatorio Superior de Música.