martes, 23 xuño 2009

O Marisquiño comeza o 3 de xullo cun concerto de No use for name e remata o 9 de agosto con La Mala Rodríguez

martes, 23 xuñ 2009

O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou este martes que a novena edición de Marisquiño comezará o 3 de xullo cunha festa concerto na Sala A!, onde ás 20 horas actuará a banda californiana No use for name. Ademais, avanzou que o remate do festival correrá a cargo de La Mala Rodríguez, nun concerto gratuito no peirao de Trasatlánticos o día 9 de agosto. "É unha iniciativa dirixida a xente nova, pero tamén a un público adulto e familiar", salientou o concelleiro do BNG

Os museos de Vigo celebraran hoxe a noite de San Xoán cunha programación cargada de simbolismo

martes, 23 xuñ 2009

Cunha programación que integra aspectos lúdicos, simbólicos e tradicionais, o museo Quiñones de León, o Verbum, o Museo do Mar, o Marco e o Museo Liste celebrarán hoxe a noite de San Xoán dun xeito simultáneo con diversas propostas. "Tradición e misterio na noite de San Xoán" é a primeira actividade da rede museística de Vigo, coordinada e posta en marcha polas concellerías de Cultura, Patrimonio Histórico e Normalización Lingüística.

O espazo Proxecta do Punto Xove proxectará o vindeiro xoves a curta "La segunda estrella a la derecha"

martes, 23 xuñ 2009

No espazo adicado a mostra de material audiovisual da mocidade viguesa, o espazo Proxecta do Punto Xove da Concellería de Xuventude de Vigo acollerá o vindeiro xovés, 25 de xuño ás 18.30 horas, a proxección da curtametraxe "La segunda estrella a la derecha". Trátase da segunda proposta de Alicia Francés, que neste caso vén precedida dun traballo formativo, centrado no desenvolvemento dun curso sobre técnica cinematográfica e outro de interpretación