O CAT organiza dous obradoiros en xullo e agosto para achegar os oficios de cestería e tecido á cidadanía
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, presentou este luns dous novos obradoiros do Centro de Artesanía Tradicional, centrados na cestería e o tecido, que se desenvolverán ao longo de xullo e agosto. Segundo o concelleiro nacionalista, estas novas propostas, de carácter gratuíto, teñen como obxectivo "achegar á cidadanía, e sobre todo á xente moza, os oficios tradicionais máis emblemáticos de Galiza".
Eudosio Álvarez lembrou a boa acollida que tiveron os obradoiros organizados o ano pasado, polo que salientou a importancia de manter as iniciativas que favorezan "dar a coñecer as actividades do CAT e dos artesáns galegos", mediante a organización de exposicións e o traballo nas rúas. "Temos o proxecto de converter o centro histórico da cidade nun lugar preferente sobre a mostra da artesanía tradicional", destacou o concelleiro de Patrimonio Histórico.
O coordinador do CAT, Manuel Estévez, explicou que o obradoiro centrado na cestería "Imos facer un cesto" quere introducir aos máis novos e novas no mundo da cestería tradicional co dobre obxectivo de aprender de xeito lúdico as técnicas básicas do oficio de cesteiro, e conciencialos de cara á protección deste patrimonio. A iniciativa, que ofrece un total de 30 prazas, vai dirixida a rapaces e rapazas de 7 a 16 anos que queiran aprender como se facían obxectos da vida cotiá en vimbio hai 100 anos. Desenvolverase en tres quendas, a primeira delas terá lugar os luns, mércores e venres, do 1 ao 31 de xullo, de 10 a 13 horas; a segunda quenda desenvolverase os martes e xoves, do 2 ao 30 de xullo, de 10 a 13 horas; finalmente, a terceira quenda celebrarase os martes e xoves, do 4 ao 27 de agosto, de 10 a 13 horas.
Respecto ao obradoiro "Tecendo con fíos de lá", o coordinador do CAT salientou que é a primeira vez que esta entidade organiza un obradoiro de iniciación co que os alumnos e alumnas poderán entrar en contacto coas técnicas básicas do tecido tradicional a través dunha aprendizaxe nun tear de alto lizo. Vai dirixido a persoas maiores de 14 anos que queiran coñecer de primeira man o proceso do tecido tradicional. Desenvolverase os martes e xoves, do 18 de agosto ao 10 de setembro, de 09:30 a 13:30 horas.
Os dous obradoiros impartiranse no Centro de Artesanía Tradicional, ubicado na rúa Subida ao Castelo. Para participar neles é preciso enviar o boletín de inscrición ao CAT por correo ou fax ao número 986220758, ou a través do formulario de inscrición en www.vigo.org/artesania. O prazo estará aberto ata cubrir prazas. A selección do alumnado estará marcado pola orde de entrada de solicitudes, establecéndose unha lista de espera.
Descargar todas as imaxes