xoves, 7 agosto 2008

O Concello asina con Zona Franca a creación de 1,3 millóns de metros cadrados de novo solo industrial

Segundo os convenios asinados hoxe xoves polo alcalde e a delegada especial da Zona Franca, o Consorcio ampliará en 240.000 metros cadrados o Parque Tecnolóxico e Loxísitico de Vigo e executará a chamada "Cidade do Frío": 1,1 millóns de m2 de solo empresarial no que se priorizará a recolocación das industrias de Beiramar e da automoción. Ademais, Zona Franca estudará participar na urbanización da área urbana de Guixar.

Santi Domínguez entrega os premios do Concurso de Tapas do Casco Vello e destaca a alta participación no certame

xoves, 7 ago 2008

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, fixo entrega hoxe dos premios correspondentes á terceira edición do Concurso de Tapas do Casco Vello, no que o primeiro premio correspondeu á Crepería do Mar. No acto, celebrado nas instalacións deste restaurante, o tenente de alcalde salientou a alta participación no certame, xa que foron contabilizados máis de 3.500 votos durante os días que durou o concurso.

A Biblioteca Estatal estará ubicada na Praza do Rei e superará os 6.000 metros cadrados de superficie

xoves, 7 ago 2008

Os técnicos en bibliotecas do Ministerio de Cultura deron este xoves o seu visto bo á construción da futura Biblioteca Estatal na viguesa Praza do Rei. A ubicación, proposta polo Concello, se "adapta magníficamente" ás características técnicas necesarias para a súa edificación, segundo lle trasladaron os responsables ao alcalde. Abel Caballero adiantou que a finais do verán podería asinarse o convenio e o proxecto podería estar contratado "en cinco ou seis meses".