O alcalde presentou a primeira fase da "merecida" humanización de Bouzas
Os traballos de mellora da Alameda de Bouzas comezarán o vindeiro 18 de agosto, o que representa o primeiro paso da humanización do barrio vigués, que continuará dentro de dous meses coa reforma do entorno do mercado. O alcalde, que hoxe venres presentou o proxecto, salientou a "merecida" atención que se lle está concedendo a unha zona que aportou tanto ao desenvolvemento da cidade.