A Biblioteca Estatal estará ubicada na Praza do Rei e superará os 6.000 metros cadrados de superficie
Os técnicos en bibliotecas do Ministerio de Cultura deron este xoves o seu visto bo á construción da futura Biblioteca Estatal na viguesa Praza do Rei. A ubicación, proposta polo Concello, se "adapta magníficamente" ás características técnicas necesarias para a súa edificación, segundo lle trasladaron os responsables ao alcalde. Abel Caballero adiantou que a finais do verán podería asinarse o convenio e o proxecto podería estar contratado "en cinco ou seis meses".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Urbanismo, José Mariño, recibiu este xoves aos técnicos do Ministerio de Cultura responsables da edificación das bibliotecas.
Segundo revelou o rexedor, Joaquín Bao, arquitecto xefe do área de arquivos e bibliotecas da subdirección de obras de la xerencia de infraestruturas do Ministerio de Cultura, e Isabel Moya, secretaria técnica do mesmo organismo, revisaron a situación xurídica do solar, a localización e a súa idoneidade técnica e validaron que se "adapta magníficamente", en verbas de Abel Caballero, ás necesidades da Biblioteca, que terá unha extensión superior aos 6.000 metros cadrados.
O alcalde adiantou que o vindeiro día 25 de agosto, data na que o Plan Xeral entra en vigor, o Concello iniciará os estudos xeotérmicos e arqueolóxicos e se comezarán as negociacións cos propietarios dos terreos para adquirir a titularidade dos mesmos e poder así ceder o solar ao Ministerio.
O proxecto, avanzou Abel Caballero, podería estar contratado "en cinco ou seis meses", dependendo do tempo que se alonguen as conversas cos titulares do solo e se é preciso chegar ou non as expropiacións. Antes, a finais do verán, segundo as estimacións do rexedor local, se asinará o convenio entre as partes.
Arquitecto
O mecanismo de designación do arquitecto encargado do deseño da Biblioteca aínda está por determinar, decisión na que estará presente o Concello, sinalou o alcalde. Abel Caballero pretende que un arquitecto de renome se encargue do proxecto, o que por outra banda é habitual nas Bibliotecas Estatais, segundo apuntou.
O rexedor non exclúe unha designación directa, tendo en conta o estudo que o prestixioso arquitecto Rafael Moneo está a elaborar para o entorno da Praza do Rei, aínda que o Ministerio nunca operou deste xeito, explicou. De calquera modo, Abel Caballero mostrouse "satisfeito" polo interese do ministro de Cultura, César Molina, neste proxecto e augurou para Vigo unha "biblioteca de alto nivel".
Descargar todas as imaxes