O Monte dos Pozos de Valadares acollerá o domingo unha nova edición da Festa do Polbo
A organización ten previsto o reparto de 2.000 racións deste produto do mar nunha xornada cunha ampla programación de actividades
O vindeiro domingo 10 de agosto o parque forestal Monte dos Pozos de Valadares volverá a acoller unha nova edición da Festa do Polbo, unha cita gastronómica que este ano cumpre xa dezanove anos. Para esta ocasión, a organización ten previsto servir preto de 2.000 racións deste produto de mar acompañado de 500 kilos de empanada de carne e bonito.
Toda unha festa para o padal que comezará ás 11 horas con música. A charanga Vaite xa!, e os grupos folclóricos do CVC de Valadares e Gaiteiros Freixo, serán os encargados de dar a benvida os que se acheguen a degustar e gozar con esta festa dedicada a ensalzar un dos produtos máis típicos dos menús galegos. Este ano, ademais, os máis cativos terán a súa festa particular grazas á posta en marcha de Lagolandia, un parque infantil no que non han faltar xogos inchables (pista de obstáculos, tobogán xigante, entre outras), obradoiros e karts.
Ao longo da mañá agárdase a chegada da meirande parte do público e as autoridades convidadas ao acto. A Unión Musical de Valadares porá o punto e seguido na xornada que volverá a arrancar ás 17 horas con varias actividades, como animación infantil, o grupo de teatro "Escoitade" do CVC de Valadares, a festa da escuma, as Cantareiras do Alba e unha pequena zona para practicar un deporte cada vez máis de moda: o cachibol.
A partires das 20 horas chegará o momento de ir rematando unha xornada de festa, cun miniconcerto da charanga Vaite xa!, a actuación estelar da Orquestra Pantasma e, coma de costume, a intervención especial da Unión Musical de Valadares.