Escoitar

O tenente de alcalde resalta a relevancia deportiva e turística da Regata Rías Baixas, que se celebrará do 11 ao 15 de agosto

A Regata Rías Baixas "Martín Codax", que se celebrará do 11 ao 15 de agosto, contará coa participación de 1.200 tripulantes de máis de 120 barcos procedentes de todo o Estado español e Portugal e unha ampla representación galega . Segundo sinalou o tenente de alcalde, Santi Domínguez, na presentación da proba, trátase dunha regata de "gran relevancia, non só deportiva, senón tamén turística", que este ano cumpre xa a súa 45 edición.

martes, 5 ago 2008
1217941815riasbaixas050808.JPG
"Estamos ante un acontecemento deportivo náutico de referenza na costa galega", selientou Santi Domínguez, quen ademais destacou a súa "vocación de perdurar", posto que este ano a regata cumpre a edición número 45. En total son máis de 120 barcos procedentes de todo o Estado español e Portugal os que participarán na proba, que se celebrará en augas das Rías Baixas entre o 11 e 15 de agosto. En canto á representación galega, a representación será especialmente numerosa, xa que estarán presentes a práctica totalidade dos clubes náuticos dende o Eo ao Miño.

Santi Domínguez felicitou e agradeceu aos diferentes patrocinadores da regata pola súa aposta ao longo dos anos, así como ao Club Náutico pola súa capacidade organizativa.

Na regata participarán exclusivamente cruceiros IMS, divididos en catro categorías: regata, regata-cruceiro, cruceiro-regata e cruceiro.

Descargar todas as imaxes