O alcalde e o bispo acordan a retirada das inscripcións franquistas presentes en 11 igrexas viguesas
O rexedor, Abel Caballero, recibíu este martes ao bispo da diócese Tui-Vigo, José Diéguez, encontro no que trataron da retirada dos símbolos do réxime dos edificios relixiosos da cidade. O alcalde explicou que existen 11 igrexias afectadas, relación que enviará á Concellería de Patrimonio Histórico para que dictamine o mellor xeito de eliminalos sen afectar aos edificios. Despois, se procederá á retirada dos mesmos.
O goberno e o bispado mantiveron con anterioridade diversas entrevistas a través do concelleiro de Distritos e Grandes Proxectos, Ángel Rivas, que culminou hoxe martes co encontro entre Abel Caballero e José Diéguez.
O alcalde reiterou en varias ocasións a "cooperación absoluta" do bispado e o "bo clima" de colaboración de cara á eliminación da simboloxía franquista das edificacións relixiosas presentes en Vigo. Na cidade se detectaron 11 igrexas afectadas: San Miguel de Bouzas, Santa María de Castrelos, San Salvador de Coruxo, San Salvador de Teis, Santo Tomé de Freixeiro, Santiago de Vigo, Santa María de Vigo, San Francisco de Asis, San Andrés de Comesaña, San Miguel de Oia e San Andrés de Valladares.
Esta relación, segundo aseverou o rexedor, será enviada á Concellería de Patrimonio Histórico co obxectivo de estudar o tratamento a adoptar para que a retirada dane "o menos posible" os edificios "de interese cultural e arquitectónico". Unha vez elaborado o ditame, se procederá á retirada.
Edificios públicos
Por outra banda, o alcalde afirmou que "antes de que remate setembro" estará finalizado o estudo de cada vestixio franquista presente na cidade, en aplicación da lei da memoria histórica, de cara a tomar unha "decisión meditada", "con delicadeza" e "para pechar feridas".
Procesión do Cristo
O alcalde e o bispo analizaron ademais o resultado da procesión do Cristo da Victoria celebrada o pasado domingo e Abel Caballero anunciou que é "altamente posible" que nos vindeiros anos o percorrido se manteña e transcorra pola rúa do Príncipe, recuperando así o antigo trazado.
Encontros co Valedor e o Comandante Naval
Previamente á reunión co bispo, o alcalde recibiu ao Valedor do Cidadá, Luis Espada, e anunciaron que a comezos de setembro se presentará no Pleno da Corporación o balance de actividades do pasado ano 2007. Tamén en setembro se fará público o estudo sociolóxico de Espada sobre o fenómeno do botellón, un traballo cualificado polo rexedor de "moi rigoroso e espléndido".
A visita protocolaria do novo Comandante Naval, D. Rafael Julio Ceñal Martínez, á Alcaldía concluíu coa decisión conxunta adiantada polo alcalde de elaborar un proxecto para conseguir maior presenza de buques da Armada na cidade. Abel Caballero explicou que a última fragata reuniu a 7.000 visitantes en dous días.