mércores, 16 abril 2008

14 paneis ofrecerán información actualizada dos acontecementos máis relevantes da cidade

Os dispositivos aportarán información inmediata sobre cortes de rúas, rutas alternativas, celebracións especiais, actividades culturais e calquera tipo de evento de interese para os cidadáns. O primeiro dos paneis, na esquina de Travesía con Urzáiz, foi inaugurado este mércores polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, o concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Xulio Calviño, e a Diretora Xeral da concesionaria JCDecaux en España, Isabel López.

"Bicos con lingua" represéntase o xoves no Auditorio Municipal no marco da programación municipal de teatro para adultos

mércores, 16 abr 2008

A programación estable de teatro para adultos, posta en marcha pola Concellería de Cultura e Animación Sociocultural para o primeiro semestre do 2008, continúa mañá e pasado, 17 e 18 de abril, coa representación da obra "Bicos con lingua". A compañía Talía Teatro representará a obra no Auditorio Municipal o xoves e o venres ás 21:00 horas.

A Orquestra da Escola Municipal de Música de Vigo clasificada para a final da I Mostra de Novos Intérpretes Eixo Atlántico

mércores, 16 abr 2008

Por primeira vez na eurorexion Galiza- Norte de Portugal, celébrase unha mostra musical na que se valora a calidade interpretativa dos novos músicos e se pon de manifesto o traballo educativo dos centros musicais. A mostra terá lugar o próximo día 19 de abril en Vilagarcia e na que participará a Orquestra da Escola Municipal de Música de Vigo.