Escoitar

O xoves póñense á venda en Caixanova as entradas para o concerto que ofrecerá Lenny Kravitz o 29 de maio

As entradas para o concerto que ofrecerá en Vigo Lenny Kravitz o 29 de maio ás 22 horas poden adquirirse a partir do xoves, 17 de abril, en Caixanova, no teléfono 902.504.500 ou na web ww.caixanova.es, segundo. En total poranse á venda 10.000 entradas ao prezo de cada unha delas e de 35 euros.

mércores, 16 abr 2008
1208348385lennykravizt.jpg
"Esta actuación supón o pistoletazo de saída para que o Ifevi sexa o referente das grandes actuacións musicais", subliñou o tenente de alcalde, Santi Domínguez, posto que Lenny Kravitz, que chegará á cidade tres días antes do concerto, fará precisamente nas instalacións do Ifevi todas as probas co seu grupo para preparar a súa xira.

Ademais do seu concerto en Vigo, no que presentará o seu último traballo, "It is time for a love revolution", está previsto que Lenny Kravitz actúe tamén nas cidades de Bilbao (5 de xullo), Barcelona (8 de xullo) e Madrid (6 de xullo, no marco do Rock in Rio Madrid Festival).

Pola súa banda, as entradas para o concerto do polifacético Bob Dylan, outro dos platos fortes deste ano na programación de concertos, poranse á venda a vindeira semana tamén a través de Caixanova. O día no se poiadan mercar anunciarase previamente.
Descargar todas as imaxes