Escoitar
68 grupos de diferentes estilos musicais, fundamentalmente de xente moza, subiranse ao escenario dos Castroconcertos os venres e sábado á noite, dos meses de maio,xuño, xullo, agosto e setembro

Preséntase a VI edición dos Castroconcertos

Unha das principais liñas de actuación do programa de lecer "Súbete ó Castro" da Concellaría de Xuventude é a relacionada coa música, cunha ampla oferta de cursos gratuítos de formación musical ademáis de ser sé dun dos locais de ensaio municipais. Como culminación desa liña de promoción da enerxía creativa da xente moza de Vigo, o programa "Súbete ó Castro" lanza a iniciativa dos Castroconcertos, que no presente ano 2008 celebrarán a súa sexta edición.

martes, 15 abr 2008
1208259966castroconcertos.jpg
Os Castroconcertos pretenden servir de plataforma de lanzamento da creación musical da mocidade viguesa ofrecendo a oportunidade de actuar en vivo aos grupos afeizoados.
 
Nos Castroconcertos teñen cabida todos os estilos musicais, dende o hip-hop até o death metal pasando pola música experimental ou o jazz.
 
Os concertos desenvolveranse durantes os meses de maio, xuño, xullo, agosto e setembro, nas noites dos venres e sábados, a partir das 23:00h no escenario situado fronte á pista de bicicletas do Parque de O Castro.

Na presente edición están previstos 34 concertos que farán que arredor de 68 grupos se suban ao escenario. Os grupos interesados en actuar poden contactar coa organización nos enderezos que aparecen na web www.castroconcertos.com

No 2007 foron máis de 1200 persoas as que asistiron aos 16 concertos que se celebraron.

Así mesmo nas webs www.castroconcertos.com e www.castroconcertos.org haberá información permanentemente actualizada.
Descargar todas as imaxes