martes, 15 febreiro 2005

O xoves 17 acaba o prazo para inscribirse no IX Seminario de Arte Románica

martes, 15 feb 2005

Aqueles que desexen inscribirse no IX Seminario de Arte Románica poderán facelo ata o xoves 17 de febreiro no Rexistro Xeral do Concello. O IX Seminario de Arte Románica, que conta coa colaboración da Concellería de Patrimonio Histórico, abordará o fenómeno da arquitectura mozárabe a través de catro conferencias a cargo de Francisco Xabier Ocaña, do 19 de febreiro ao 12 de marzo no Centro Cultural Caixanova.

As actividades en inglés da Biblioteca Central conseguen unha gran aceptación por parte do público

martes, 15 feb 2005

As actividades de inglés programadas na Biblioteca Central, que se desenvolven de febreiro ata maio, teñen logrado unha ampla aceptación entre o público ao acadar cubrir todas as prazas. O obxectivo da iniciativa impulsada polo departamento de Cultura dirixido por Ignacio López-Chaves radica en conseguir a diversificación da oferta e a captación de novos usuarios para as instalacións municipais, así como o fomento dos hábitos de estudio entre os asistentes.