Escoitar
Anuncio Xerencia de Urbanismo.Xestión

Aprobación inicial do novo Plan Xeral de ordenación municipal de Vigo

<br />

luns, 14 feb 2005
O Pleno do Concello de Vigo, en sesión extraordinaria do día 30 de decembro de 2004, adoptou o seguinte acordo:

"Primeiro.- Aprobar inicialmente o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo, na súa última versión de decembro de 2004, elaborado pola entidade mercantil "Consultora Galega, S.A." mediante contrato de asistencia técnica, así como os convenios urbanísticos unidos como Anexo á súa Memoria (expte. 7266/411).

Segundo.- Suspender o outorgamento de licenzas urbanísticas en toda a área territorial do municipio de Vigo, nos casos nos que a nova ordenación inicialmente aprobada resultase incompatible coa establecida no planeamento vixente.

Terceiro.- Abrir un trámite de información pública polo prazo de dous meses, mediante a publicación de anuncios no DOG e en dous xornais de maior circulación na provincia, neste último caso en dous días consecutivos.

Cuarto.- Conceder un trámite de audiencia polo mesmo prazo ós municipios limítrofes, notificándolles individualizadamente este Acordo.

Quinto.- Recabar os informes sectoriais e municipais relacionados no Informe do 15/12/2004 do arquitecto xefe e do técnico de administración xeral da oficina de Planeamento obrante no expediente."

A documentación do novo Plan Xeral inicialmente aprobado pode consultarse no edificio da "Escola das Artes e Oficios" (Avda. García Barbón, 5 – Vigo) en días laborais en horario de 10,00 a 13,30 e de 17,00 a 20,00 horas durante o prazo de dous meses dende a data de publicación deste anuncio na prensa local e no DOG. Tamén poderá consultarse na páxina web da Xerencia de Urbanismo (www.hoxe.vigo.org/urbanismo). Durante o dito período poderán presentarse os escritos de alegacións que se estime por conveniente nesta administración municipal.