luns, 14 febreiro 2005

A Xerencia Municipal de Urbanismo propón dar luz verde á urbanización de Rosalía de Castro

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propuxo á Xunta de Goberno Local a adopción dun acordo de compensación e outro de urbanización da Unidade de Execución Rosalía de Castro 2. Tamén foi proposta a aprobación do proxecto de acondicionamento das rúas Antonio de Nebrija e Tomás Alonso. Na mesma sesión deuse conta de 134 expedientes de licenzas de actividades e instalacións para a súa resolución pola vicepresidencia da Xerencia.

Asuntos Sociais destina case 12.000 euros para dixitalizar os fondos antigos da Casa Galega da Cultura

luns, 14 feb 2005

A concellería de Asuntos Sociais destinará un total de 11.970 euros para a dixitalización do fondo antigo da biblioteca Francisco Fernández del Riego da Casa Galega da Cultura. En concreto, a actuación prevista polo departamento que dirixe Ignacio López-Chaves Castro refírese a tres volumes do século XVII e trinta e cinco do XVIII, considerados de gran valor histórico.