A Xerencia Municipal de Urbanismo propón dar luz verde á urbanización de Rosalía de Castro
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propuxo á Xunta de Goberno Local a adopción dun acordo de compensación e outro de urbanización da Unidade de Execución Rosalía de Castro 2. Tamén foi proposta a aprobación do proxecto de acondicionamento das rúas Antonio de Nebrija e Tomás Alonso. Na mesma sesión deuse conta de 134 expedientes de licenzas de actividades e instalacións para a súa resolución pola vicepresidencia da Xerencia.
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo celebrou hoxe luns unha sesión extraordinaria na que se lle propuxo á Xunta de Goberno Local a aprobación do Proxecto de Compensación da Unidade de Execución Rosalía de Castro 2, na súa última versión corrixida con memoria e planos datados en setembro de 2004 e febreiro de 2005.
Por este acordo, a Xunta de Compensación deberá inscribir o Proxecto de Compensación no Rexistro da Propiedade e achegar á Xerencia de Urbanismo unha copia deste coa referencia rexistral das fincas resultantes inscritas. A Xunta de Compensación deberá pargar ou consignar as indemnizacións previstas no Proxecto no prazo máximo de 6 meses. Os propietarios e arrendatarios disconformes co importe das indemnizacións adxudicadas neste Proxecto de Compensación disporán dun prazo de vinte días hábiles para presentaren follas de prezo xusto contradictorias.
O concelleiro de Urbanismo, José Manuel Figueroa, resaltou a importancia da actuación prevista no Consello da Xerencia Municipal. Figueroa cualificou de "importante" a decisión tomada hoxe e dixo que este é "un dos proxectos que fan cidade". Segundo o concelleiro, a actuación comprende máis de 80.000 metros cadrados de eficabilidade e inclúe dous aparcadoiros e máis de 800 vivendas.
Neste sentido, o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo tamén lle propuxo á Xunta de Goberno Local a adopción do Proxecto de Urbanización da Unidade de Execución Rosalía de Castro 2. Polo mesmo acordo decidiuse que con anterioridade ao inicio destas obras deberá redactarse e aprobarse un proxecto de protección arqueolóxica.
Ademais, na mesma sesión propúxose a aprobación do proxecto ordinario de obras para o acondicionamento do encontro entre as rúas Elio Antonio de Nebrija e Tomás Alonso, promovido pola entidade mercantil "Afra Gestiones SL", cun orzamento de execución de 24.165 euros.
Así mesmo, a sesión do Consello deu conta de 134 expedientes de licenzas de actividades e instalacións para a súa resolución pola vicepresidencia da Xerencia, por delegación da Xunta de Goberno Local.
Descargar todas as imaxes